O Centro de Estudios Medievais lembrará os 400 anos do proceso seguido contra os xudeos

A Inquisición volta a Ribadavia

Representación da ‘Voda xudea’ na igrexa de A Madalena, en Ribadavia. (Foto: Archivo)
Unha procesión e unha representación teatral servirá este venres para voltar a vista 400 anos atrás e rememorar o proceso que seguiu a Santa Inquisición contra 200 xudeos de Ribadavia, denunciados por un converso. Os actos enmárcanse no programa da ‘Festa da Istoria’ baixo a organización do Centro de Estudios Medievais. Ademais, o sábado escenificaranse os xa tradicionais ‘Voda xudea’, na sinagoga da Madalena, e a obra ‘O Malsín’, baseada na lenda do autor da denuncia contra os seus conveciños.
A ‘Festa da Istoria’, que se celebrará en Ribadavia os vindeiros días 28, 29 e 30, incluirá unha serie de actividades organizadas polo Centro de Estudios Medievais. Unha delas centrarase na conmemoración dos 400 anos dun tráxico suceso que rachou na capital de O Ribeiro cunha fraternal convivencia que ata entonces e meirande varios séculos mantiña o respecto mútuo das culturas cristián e xudea na comarca.

A denuncia presentada no ano 1606 por un ribadaviense xudeo-converso contra 200 veciños da vila ante o Tribunal da Inquisición, trouxo como consecuencia non só catro anos de terror para os cidadáns de Ribadavia, senón tamén a perda dos valores humáns como a tolerancia e a aceptación cara outros modos de sentir e cavilar, costume que daquela era causa común entre os ribadavienses. Todo elo sin ter en conta outras consideracións de tipo económico e de disgregación social e familiar.

Procesión


Así, o Centro de Estudios Medievais organiza o vindeiro venres, a partir das 22.30 horas, a ‘Procesión da Cruz Verde’, na lembranza daqueles feitos. A comitiva partirá da Casa da Inquisicion, na rúa de San Martiño e fará un percorrido polas rúas do Barrio Xudeo ata a Praza Maior, onde se representará o ‘Auto de Fé’ contra 42 ribadavienses inxustamente condeados pola Santa Inquisición’ a terribles torturas debido ás súas crenzas relixiosas.

O programa continuará na xornada central da ‘Festa da Istoria’ coa ‘Voda Xudea’ o vindeiro sábado día 30. O comité nupcial sairá ás 12.30 horas da rúa dos Fornos ata a improvisada ‘sinagoga’ de A Madalena, onde, coma tódolos anos se oficiará o ritual do casamento. Este ano non haberá banquete, pero o Centro de estudios pon a disposición dos socios e colaboradore mesas e bancos no adro da igrexa da Oliveira, para quen queira levar o seu xantar.

Finalmente, no Auditorio do Castelo e ás 21.30 horas, terá lugar a representación teatral ‘O Malsín’, escenificación baseada nos procesos inquisitoriais acontecidos en Ribadavia.

Viños e licores gratis para os invitados

A celebraciòn da ‘Voda xudea’ é un dos lementos máis atractivos da programación da ‘Festa da Istoria’, que ven organizando dende hai 19 anos o Centro de Estudios Medievais. O percorrido da comitiva nupcial, que sae da ‘casa do noivo’ unha vez chega a ‘noiva’, congrega a centos de veciños e visitantes ata a igrexa da Madalena, convertida na actualidade nun centro cultural e que cada último sábado de agosto se transforma nunha ‘sinagoga’. Ademais, a entidade organizadora convida iste ano á parexa, rabinos e invitados a viño e licores no entorno da igrexa da Oliveira.

Te puede interesar