Os maiores de Castrelo aprenden os secretos da cociña tradicional

Aparato de cimnasia, no centro (Foto: MARTIÑO PINAL)
O programa de actividades do Centro de Día de Castrelo de Miño ampliarase ó mes de novembro, tra-lo éxito de participación obtido dende a súa apertura en agosto e a súa continuidade en outubro. Neste sentido, o alcalde, Xurxo Rodríguez, destacou que 'en cada un dos talleres que se organiza hai unha media diaria de 15 persoas maiores'.
Elo significa que polas instalacións pasa diariamente unha media de entre 60 e 70 veciños, durante as catro horas (de 16.00 a 18.00 e de 18.00 a 20.00 horas) nas que se desenvolven as actividades, de luns a venres.
Estas consisten na realización de exercicios de ximnasia terapéutica, orientada á recuperación da mobilidade; manualidades e talleres de reciclaxe, e tamén, proxeccións cinematográficas con coloquios encol do argumento das películas ó remate destas.

Nembargantes, unha das propostas do Centro de Día que se fai máis atractiva para os maiores é a aprendizaxe de menús da cociña tradicional galega (sopas, cocido, callos, entre outros) e tamén da repostería autóctona (tortas, filloas, biscoitos).

Te puede interesar