Os maiores exercitan a súa memoria en catro talleres

O departamento de Servizos Sociais de Ribadavia iniciou a sexta edición dos 'Talleres de Memoria e Animación Social' para persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvólvense no Centro Social de San Paio cada martes; no Centro Social de San Cristovo, os mércores; en Servizos Sociais do Concello (o lado do castelo) os xoves, e no Centro Social de Francelos cada venres, de 16,00 a 18,00 horas.
No ano 2006 comezou a primeira edición dos 'Talleres de Memoria e Animación Social', celebrándose de maneira contínuada durante estes anos. Nesta ocasión, a actividade prolongarase ata finais de maio de 2012. A participación media semanal foi de 56 persoas no ano 2010 e 2011 e espérase un número superior para esta edición, segundo indicaron os responsables municipais.

Te puede interesar