Malestar polo peche da sucursal de Novagalicia Banco en Cortegada

Avelino Francisco.
O inminente peche da sucursal Novagalicia Banco en Cortegada colleu por sorpresa ós veciños deste municipio e as autoridades municipais, que manifestaron o seu malestar ante a decisión dos directivos da entidade financieira 'deixando así a centos de pensionistas nunha situación de desamparo ante este feito improvisado', indican os responsables do goberno local. O alcalde, Avelino de Francisco, afirma que está en 'desacordo pola actitude pouco ética de non comunicar este feito nin ao Concello nin aos seus clientes, quen se están enterando polo boca a boca da rúa'.
O rexidor engade que 'rógolles aos directivos competentes que teñan a ben proceder a realizar un novo estudio da situación e que accedan a abrir esta oficina ao menos dous días cada semana, coa finalidade de atender aos seus clientes'.

De non atender a petición, o Concello, na súa condición de cliente desa entidade, 'verase na obriga de facer as suas xestións a través das outras dúas sucursales (Banesto e Pastor) ubicadas no municipio e prestará toda a colaboración que os veciños requiran neste eido, especialmente aos pensionistas, co obxecto de que non teñan que viaxar a outras localidades para as suas xestións bancarias'.

Nese senso, afirma que o Concello ten dúas contas abertas en Novagalicia Banco nas que se produce un movemento económico anual de aproximadamente 600.000 euros. Avelino de Francisco asegurou que cancelará as contas e 'invito ós veciños a que fagan o mesmo e se pasen ós bancos que teñen aquí sucursales para non ter que desprazarse a Ourense ou Ribadavia'.


ENTIDAD

Fontes da Novagalicia Banco non quixeron informar sobre a data de peche da sucursal de Cortegada, nin referirse ós motivos que inducen a entidade a tomar esta medida. Indicaron que tal e como se anunciou péchanse 30 oficinas en todo o ámbito de presenza da entidade, que é Galicia, Asturias e León.

As mismas fontes din que en cada caso síguese un protocolo que consiste en informar primeiro ós empregados e sindicatos e despois ás administracións e clientes, 'estamos nese proceso e non vamos a decir nada sobre a fecha ata acabar', indicaron.

Te puede interesar