OBRAS

Melloras na estrada que une Ribadavia e Cortegada

03.08.16.ARNOIA.ESTRADA QUE ATRAVESA A LOCALIDADE.
photo_camera Tramo da travesía de Arnoia que vai ser acondicionado.

As obras están financiadas pola Consellería de Infraestructuras cun importe de 370.000 euros e consisten no fresado e reposición do firme naqueles puntos que se atopen deteriorados

nnn A empresa adxudicataria vén de iniciar os traballos de mellora do firme na estrada OU-402 ó seu paso polo municipio de Arnoia. Unha travesía por esta localidade que "tiña a calzada un pouco deteriorada e por elo facíanse necesarias as obras", comenta o alcalde, Rodrigo Aparicio.

O rexedor engade que "a Xunta tivo a ben facer estas reparacións tendo en conta que a Volta Ciclista á España vai pasar por esta estrada en poucas semanas".

As obras están financiadas pola Consellería de Infraestructuras cun importe de 370.000 euros e consisten no fresado e reposición do firme naqueles puntos que se atopen deteriorados, actuando en todo o ancho do carril na maior parte do treito. Esta actuación comprende catro quilómetros, entre Ribadavia e Cortegada. 

Te puede interesar