O Concello constrúe unha rotonda, cun orzamento de 80.000 euros

Melón conecta a N-120 co futuro parque industrial

Inicio de las obras da rotonda na N-120.
As obras de construcción dunha rotonda de acceso dende a estrada N-120 (Logroño-Vigo) ó futuro parque empresarial de Melón comezaron o pasado venres na paraxe coñecida como Cruceiro Gordo, na parroquia de Quins. Esta vella iniciativa do alcalde do municipio, Alberto Pardellas, é posible unha vez que o Concello xa recibiu a autorización do Ministerio de Fomento para iniciar os traballos, que supoñen un investimento de 80.000 euros.
O rexedor 'popular' sinala que 'estamos levando a cabo as obras con fondos propios co apoio da Deputación provincial, que aporta a maquinaria necesaria mentres nós poñemos o persoal que faga falta'. A glorieta situarase sobre a estrada nacional e, dende a mesma, facilitarase a entrada e saída á área industrial e ós pobos de Moces, Negrelle e Vivenzo, comenta Pardellas.

O proxecto desta rotonda contempla un radio interno de oito metros (onde levará unha farola de tres luminarias axardinada) ata un externo de nove metros, dotada de dous viais, un a 13 metros do eixe e outro a 17 metros. O alcalde de Melón comenta que 'tamén contamos co permiso de Fomento para a realización das zanxas expropiadas, que son de 11,50 metros ó norte e 9,50 ó sur, distancias contadas desde o centro daN-120.

Todo elo levará unha sinalización conforme dispón o regulamento de estradas ata unha distancia de 250 metros antes da rotonda e ambos sentidos, 'o que supón a colocación de máis de 30 sinais de tráfico verticais', indica Alberto Pardellas. Engade que 'o obxectivo do Concello para executar esta obra 'é facilitar o acceso a aquelas empresas que se queiran instalar no parque industrial, que está proxectado no noso Plan Xeral de Ordenación (PXOM) cunha superficie de 300.000 metros cadrados'. O rexedor destaca que 'a ubicación dos terreos é a idónea para o asentamento de empresas, xa que están ó carón da estrada N-120 e a 500 metros do enlace desta coa autovía A-52'. O Concello confía en que o solo do Cruceiro Gordo teña demanda.

Te puede interesar