Teatro

A MIT de Ribadavia recupera o pulso internacional

A cita terá lugar do 16 ao 25 de xullo
A 37ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia celebrarase entre os días 16 e 25 de xullo, baixo o lema "A arte marca a diferencia". Despois dun 2020 de resistencia e compromiso, cunha edición especial, a MIT volve retomar o pulso internacional en 2021 coa presenza de mestres da escena mundial e novas figuras emerxentes do panorama escénico máis innovador. Presentaranse dramaturxias a partir de Shakespeare, pezas de danza contemporánea, novo circo e espectáculos de calidade. O deseño da imaxe volve estar asinado por Ainhoa Viñuela e Blanca Selas.

Te puede interesar