O RIBEIRO

O municipio de Leiro recibiu 2,2 millóns de euros da Xunta

A representante do Goberno autonómico lembrou que nos últimos catro anos, o municipio de Leiro recibiu da Xunta achegas por un importe de máis de 2,2 millóns de euros.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu este martes  no seu despacho ao alcalde de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, rexedor desta localidade desde 1995, unha xuntanza que se enmarca na rolda de contactos que Díaz iniciou a mediados de xullo. A representante do Goberno autonómico lembrou que nos últimos catro anos, o municipio de Leiro recibiu da Xunta achegas por un importe de máis de 2,2 millóns de euros.

Este apoio económico posibilitou, entre outras actuacións, a mellora de infraestruturas; iniciativas relacionadas coa defensa contra os incendios forestais; o acondicionamento de rúas; o saneamento en Vilerma; a creación dunha Casa Niño, e a posta en marcha de varios obradoiros de emprego.

Te puede interesar