Nace unha asociación para a defensa das marcas galegas

A futura sede do Museo Galego do Viño, a rectoral de Santo André de Ribadavia, acollerá mañá, sábado, ás 12,00 horas, o acto de constitución da Irmandade Galega de Adegueiros, promovida polo Foro Enrique Peinador e á que están adheridas 34 adegas e oito empresas de distribución.
A ela pertencerán tamén outras empresas productoras do sector agroalimentario que tamén etiquetan en galego, centros de distribución 'e algunhas persoas de referencia, galegas e estranxeiras, que contribuirán a afortalar as alianzas estratéxicas nun ambiente de crise que ameaza gravemente ao agro galego', expón Xosé González Martínez, presidente da entidade promotora.

Entre os obxectivos da nova agrupación destaca o impulso do proceso de galeguización dos produtos agroalimentarios; o artellamento dunha estructura capaz de establecer alianzas para unha mellor comercialización e, finalmente, a procura entre partidos, sindicatos e movemento socioculturales galegos da promoción entre os seus afiliados do consumo de productos etiquetados en galego e establecementos que se identifiquen coa cultura e lingua do noso país.

Neste sentido, Xosé González lembra que 'se hai milleiros de lectores de libros das 30 editoriais galegas, é que hai unha base social que tamén pode consumir productos galegos de orixe, xa sexa viño ou calquera outro de producción agroalimentaria'.

Te puede interesar