O RIBEIRO

A obra no campo de fútbol de Quins xera discrepancias

<p></p>
photo_camera Campo de fútbol de Quins, no municipio de Melón.

PP e Ribeiro en Común dudan da legalidade ao intervir nos traballos o Concello de Ribadavia

Os grupos municipais de Partido Popular e Ribeiro en Común amosan o seu rexeitamento e poñen en dúbida a legalidade da obra que o Concello de Ribadavia realizou no campo de fútbol de Quins (Melón). A resposta que lles deu o goberno municipal socialista sobre a existencia dun convenio suscrito polo clube de fútbol de Quins e o Concello para utilizar esas instalacións deportivas por parte de calquera equipo de Ribadavia a cambio dalgunhas melloras que levou a cabo o Clube Deportivo Ribeiro, con aportacións do Concello, non satisfaceu a estos dous grupos da oposición, que acaban de solicitar por escrito respostas concretas.

O PP afirma que a actuación "podería estar viciada de graves irregularidades administrativas", e por iso piden copia do referido convenio; un informe xurídico dos técnicos municipais sobre esta actuación no que se sinale se é axustado a dereito o feito de empregar medios municipais para o arranxo dunha infraestrutura deportiva noutro concello; tamén copia do acordo no que se autoriza dita actuación por parte do órgano municipal competente e copia da solicitude de licencia de obra ao Concello de Melón,

Ribeiro en Común considera que esta "actuación municipal non obedece a unha necesidade do servizo municipal de deportes, senón á necesidade dunha asociación privada relacionada co edil e portavoz do goberno municipal". Tamén solicita información sobre os recursos humáns e materiais utilizados, coñecer o convenio, e cando e onde se tomou a decisión desta actuación e por parte de quen.

O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, amosaba a súa sorpresa pola "complicidade entre PP e Ribeiro en Común", e afirmaba que as críticas obedecen a que o concelleiro de Facenda, Javier Iglesias, forma parte da directiva do C.D. Ribeiro. Engade que existe o convenio e que non se fixeron obras, só traballos de mantemento por parte do clube e nos que o Concello colaborou cun operario dúas horas e con maquinaria, ademais de aportar dous calentadores, a cambio de que calquera equipo use o campo. n
 

Te puede interesar