Obradoiros sobre violencia de xénero no Instituto

Servizos Sociais de Ribadavia en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o IES Ribadavia organiza dous obradorios previstos para mañá nas dependencias do centro de ensino.
'Que é ser un home? Que é ser unha muller?', é un dos talleres mediante o que se persigue que o alumnado comprenda a diferenza sexual. O segundo aborda a linguaxe para tomar conciencia da importancia das palabras e expresións para a comunicación e a violencia que conteñen moitas das palabras que se utilizan.

Os obradoiros realizaranse en dúas sesións, de 1,30 horas para alumnos de 2º de ESO.

Te puede interesar