O RIBEIRO

A oposición critica o comportamento de Ignacio Gómez na sesión plenaria

O alcalde, Ignacio Gómez, criticou no pleno da Corporación a postura dos voceiros de Ribeiro en Común e BNG, ós que acusou de "complicidade" co PP por non apoiar a proposta de dimisión.

O grupo de Ribeiro en Común no Concello de Ribadavia amosou onte a súa repulsa polo comportamento e actitude do alcalde, o socialista Ignacio Gómez, na sesión plenaria do pasado xoves.

O voceiro desta formación, Brais Fidalgo, apunta "tanto ás formas impropias dun alcalde como á maniobra de anunciar que vai presentar unha moción ou cuestión de confianza, cando non existe ningunha condición legal para levala a cabo". O edil de Ribeiro en Común expón que a lexislación vixente recolle só catro supostos nos que un alcalde pode presentar unha moción deste tipo, e que ningún destes se cumpre agora, "polo que non imos entrar no xogo proposto" polo rexedor ribadaviense, que, según Fidalgo, "pretende tapar as súas eivas e as do seu grupo de goberno desviando a atención con fogos de artificio".

Por outra banda, o concelleiro Xacobe García, do BNG, xustificou onte o seu abandono da sesión plenaria do xoves, "apelando ó sentido público da mesma e facendo un chamamento a política de feitos, e ó deber cidadá de ter as contas saldadas co noso Concello", en referencia á moción do PSOE na que se solicitaba a dimisión do edil popular Miguel García. O concelleiro nacionalista entende que "debe ser a xunta electoral quen dirima a compatibilidade do concelleiro e non o pleno do concello".

O alcalde, Ignacio Gómez, criticou no pleno da Corporación a postura dos voceiros de Ribeiro en Común e BNG, ós que acusou de "complicidade" co PP por non apoiar a proposta de dimisión.

Te puede interesar