Propoñen a Fenosa sinais acústicas e a paralización da central de Albarellos na tempada

Os pescadores temen quedar atrapados nas crecidas do Avia

Pequena illa no río Avia onde quedan atrapados os pescadores, en Leiro. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Os continuos incidentes derivados da subida de caudal no río Avia, que ten atrapado a máis de 12 pescadores nos últimos dous anos, motivan ós aficionados e á oposición de Leiro a solicitar a toma de medidas de seguridade.Tendo en conta que ditos cambios bruscos no nivel da auga son producidos polo acendido das turbinas da central hidroeléctrica de Albarellos, propoñen que 'Unión Fenosa paralice a súa actividade durante a tempada de pesca, co fin de evitar iste tipo de sucesos'.
Por outra banda, un voceiro dos pescadores, Luis Pérez, tamén presenta a súa alternativa. Lembra que 'xa quedei dúas veces aillado no medio do río, e por iso penso que é necesaria a instalación de sirenas (sinais acústicas) nas pontes da Esperela e das Poldras para avisar de que a central comeza o turbinado'. En su calidad de portavoz del BNG en la Corporación de Leiro, Pérez anuncia a presentación dun escrito 'que recolla estas reivindicacións dos afecionados á pesca, que acuden a este tramo do río Avia dende toda a provincia'.

O alcalde de Leiro, Francisco Xosé Fernández, suliña que 'o Concello non ten competencias sobre o río, e por iso non podemos actuar'. Neste sentido, engade que 'corresponde á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a decisión de solucionar istes problemas'.

Te puede interesar