Pistacatro estrea unha obra de danza vertical en parede

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia despide mañá esta nova edición, comezando a xornada ás 12,00 horas, na Igrexa da Madalena, co nome de Dramiturga, e contando con seis dramaturgos, tres de Portugal e tres de Galicia, que van a escribir cadansúa peza breve orixinal para esta ocasión. Trátase dunha das actividades paralelas dentro da programación do festival. A alameda será o escenario, ás 21,00 horas, para un espectáculo de Andalucía, dentro da sección Ruadavia, a cargo da compañía Vol’e Temps que presenta “Distans”.

Para as 23,00 horas, no Auditorio Rubén García, a organización escolleu para clausurar as sesións do Castelo a obra “Déjà vu”, de Cia. Manolo Alcántara (Cataluña). Tamén terá lugar o último foro con esa compañía sobre o novo circo
photo_camera Representación de “Bailar agora”, de Marta Alonso Tejada, onte no Auditorio Manuel María (MARTIÑO PINAL).
A Mostra Internacional de Teatro chega a súa penúltima xornada ofrecendo tres espectáculos

O Auditorio Rubén García, do Castelo, ás 23,00 horas, acolle nesta penúltima xornada da Mostra Internacional de Teatro a obra “Querido Capricho”, que presenta a compañía Centro Dramático Nacional e Malala Producciones (Madrid), cuxa autoría é de Tomás Cabané e que está protagonizada por Tomás Pozzi, que tamén colaborou no guion.  Narra a historia de amor non correspondido, a través de encontros, recordos, cancións e misivas. ”É unha historia de oito encontros, con mestura de recordos e cancións que se proxectan nunha fráxil correspondencia” afirma Tomás Cabané, quen tamén engade que “querido Capricho fálanos da espera, do medo a que non nos volvan dicir quérote, dun amor non correspondido, dun amor interxeracional”.

Os títeres volven a estar presentes na MIT e neste sábado o fan da man de Ángel Calvente, coa compañía El espejo negro, de Andalucía, que pon en escena “Cris, pequeña valiente”. A trama aborda a transexualidade, as situacións de incomprensión e da ausencia de empatía ante a diferencia. Está interpretada por Cristina Jiménez, Carlos Cuadros e Yolanda Valle. A peza, coproducida polo Teatro Soho de Antonio Banderas, é una creación para público familiar. Será ás 21,00, no Auditorio Manuel María.

Unha coprodución da MIT está prevista para as 01,00 horas, na contorna da Igrexa de San Francisco, co título de “Vértigo”, e coa compañía galega Pistacatro. A autoría é de Belém Brandido e Diego Anido, dirigida por Diego Anido e interpretada por Raquel Oitavén e Mercè Solé.

Trátase dun espectáculo de danza vertical en parede, que estrea Pistacatro na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, unha compañía de referencia do novo circo galego que foi recoñecida co Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” que concede a MIT anualmente. Segundo a organización, “Vértigo é a nova producción de Pistacatro que vén a ocupar un espazo baleiro en Galicia que é o da danza vertical de parede”.

A 37ª edición da MIT mantén a súa aposta polo encontro e a convivencia entre mestres internacionais e novos creadores locais, apostando, tamén, polo impulso e o fortalecemento do tecido cultural galego coa coproducción e exhibición dos espectáculos “Soga e cinsa”, de Aporía Escénica; “Vértigo”, de Pistacatro, e o “Othello” de Voadora; ou a programación de propostas de Sarabela Teatro con “A lingua das bolboretas”; Redrum Teatro con “# 2Pilgrims” ou Caxoto e os “Contos a pé de rúa”.

Este ano supuxo a recuperación de espazos singulares de exhibición en distintos lugares, ausentes na edición do pasado ano, incluso nos espazos públicos, que acolle as propostas de novo circo, narración oral e artes do movemento.

O festival de teatro despide esta edición cunha peza catalana de Manolo Alcántara

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia despide mañá esta nova edición, comezando a xornada ás 12,00 horas, na Igrexa da Madalena, co nome de Dramiturga, e contando con seis dramaturgos, tres de Portugal e tres de Galicia, que van a escribir cadansúa peza breve orixinal para esta ocasión. Trátase dunha das actividades paralelas dentro da programación do festival. A alameda será o escenario, ás 21,00 horas, para un espectáculo de Andalucía, dentro da sección Ruadavia, a cargo da compañía Vol’e Temps que presenta “Distans”.

Para as 23,00 horas, no Auditorio Rubén García, a organización escolleu para clausurar as sesións do Castelo a obra “Déjà vu”, de Cia. Manolo Alcántara (Cataluña). Tamén terá lugar o último foro con esa compañía sobre o novo circo. 

Te puede interesar