O pleno de Berán defende a explotación do balneario

O Pleno da Entidade Menor Local de Berán vén de aprobar personarse como parte no recurso contencioso presentado por un particular contra a concesión e explotación das augas termais e o perímetro de protección do balneario da localidade. O acordo plenario foi tomado por unanimidade polos dous representantes do PP e o vocal do PSOE.
O veciño que promove este recurso, o mesmo que xa pleiteou contra o Concello de Leiro pola expropiación (aínda sen resolución xurídica) dos terreos nos que se abríu o camiño de acceso ó novo balneario, entende que ten 'dereitos en relación a estas augas termais'. O recurso de alzada foi interposto ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), tras ser rexeitado en primeira instancia outro similar presentado na Consellería de Industria.


APERTURA

O obxectivo da denuncia é solicitar a anulación da citada concesión das augas termais e do perímetro de protección, que foi aprobado polo departamento autonómico a favor do Concello de Leiro. O presidente da Entidade de Berán, José María Fidalgo, apuntou que 'temos que defender os intereses públicos do balneario se queremos que se leve a cabo a súa apertura definitiva, e por iso asumimos a recomendación da Consellería de personarnos no proceso'.

Te puede interesar