O pleno inclúe en plans provinciais as obras no Xestal

O pleno de Ribadavia aprobou onte unha moción presentada polo grupo de goberno (PSdeG e BNG) relativa a inclusión no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de 2011 a reforma do campo de fútbol. A dotación de herba artifical é unha reivindicación que parte das autoridades municipais e da propia ciudadanía dende fai anos.
Esta decisión permite ao Concello de Ribadavia asumir a parte que lle corresponde no convenio que a Deputación provincial achegará logo da previsible aprobación do plan provincial de infraestruturas deportivas para 2011.

O Concello de Ribadavia porá a disposición os terreos necesarios para a realización desta infraestructura deportiva necesaria para a comarca do Ribeiro, e partindo de termos de acordo económicos semellantes aos que se sinalan con outros concellos da provincia para rematar coa discriminación que a comarca está a padecer. Neses términos plantexou o grupo de goberno a moción, buscando una solución a través dos planes provinciais.

Te puede interesar