O PP de Leiro reelixe presidente a Francisco José Fernández

O Hotel Monumento de San Clodio acolleu na tarde de onte o Congreso Local do Partido Popular en Leiro, onde os compromisarios amosaron o seu apoio unánime á candidatura única, liderada por Francisco José Fernández Pérez, que revalidou deste xeito a confianza dos militantes populares.
Trala intervención do presidente local electo, que agradeceu a confianza que lle ofreceron os seus compañeiros, tomou a palabra o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, quen felicitou á candidatura e a todo o Partido Popular de Ourense, tanto polo seu intenso traballo, como polo proceso de renovación das xuntas locais que está en marcha. Neste senso, alabou o compromiso feito público polo presidente provincial, consistente en que estarán renovadas 40 das 92 xuntas locais da provincia antes das Eleccións Europeas de 2014.

O presidente provincial, Manuel Baltar, clausurou o Congreso. Agradeceu na súa intervención a Francisco José Fernández o compromiso cos máis novos, sinalando que 'a xuventude é o futuro do PP e, como tal, debemos potenciar aos xóvenes para que se impliquen en política'.

Ademáis, no tocante ao compromiso adquirido polo presidente local de explicar o traballo realizado polos populares, Baltar incidiu 'nas tres ces: comunicación, coordinación e cooperación.

Te puede interesar