Presentación da publicación sobre o viño tostado doce

Manuel Castro, César Fernández, Gabriel Alén y Juan Casares. JOSÉ PAZ
photo_camera Manuel Castro, César Fernández, Gabriel Alén y Juan Casares. JOSÉ PAZ
Nos últimos anos son varias as adegas do Ribeiro e Valdeorras que apostaron pola recuperación e polo rexurdimento do tostado

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) presentou o monográfico número 9 sobre o viño tostado. “As materias primas da mellor calidade e a súa coidada elaboración outórganlle aos tostados do Ribeiro calidades que os elevan, se cadra, ao merecemento dos mellores viños de Galicia”, manifestou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, que estivo acompañado do director da Evega, Juan Casares, do vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, e dos enólogos Manuel Castro e Marcos do Souto.

Gabriel Alén felicitou tanto aos autores como aos promotores desta publicación, pois “estamos a falar dun produto senlleiro cun alto valor engadido e calidade contrastable, cunha elaboración tradicional e artesá que xa era coñecida na Idade Media”.

Nos últimos anos son varias as adegas do Ribeiro e Valdeorras que apostaron pola recuperación e polo rexurdimento do tostado, que, tras unha serie de experiencias previas, reunións e consultas, solicitan aos respectivos consellos reguladores que amplíen o seu regulamento e dean cabida a este viño doce.

Te puede interesar