Presentación da revista “Nós, a xente do redor”, na Igrexa da Madalena

Será o próximo 17 de outubro

A Igrexa da Madalena de Ribadavia acolle o próximo 17 de outubro a presentación do número cinco da revista “Nós, a xente do redor”, coa presenza de medio cento dos seus autores. O acto comezará as 12,00 horas e rematará cun xantar de confraternidade no restaurante Arnoia Caldaria Hotel Balneario. Presentarase o contido desta revista e farase entrega de dous exemplares a cada un dos seus autores mais unha lámina coa reprodución da portada, ilustrada polo artista ourensán Antón Pulido.

Entregaranse tamén dous cadros a dous dos seus patrocinadores, A Ruta doViño do Ribeiro e a Aplitec Suministros Industriais, agradecendo a súa implicación neste proxecto.
Asistirán o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara; a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez Travieso, e Rosendo Luis Fernandez, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, os dous últimos colaboradores habituais na revista.
O encontro contará tamén cunha parte musical a cargo do acordeonista Maximino Míguez Salgado e o músico Juan Ruibal.

O director da revista, Avelino Jácome, declara: “Nesta ocasión queremos facer un brinde no Ribeiro, coma unha homenaxe a aqueles grandes homes da xeración Nós que foron os guieiros da cultura galega e tamén ás terras do Ribeiro.

Te puede interesar