Os promotores de desenrolo rural reúnense no cine de Leiro

O presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural 'Carballiño-Ribeiro', Francisco José Fernández Pérez, convocou para mañá, mércores, unha asamblea xeral deste organismo, que agrupa as entidades e particulares que promoven proxectos nas dúas comarcas.
Na orde do día da sesión inclúese a presentación do balance económico correspondente ó exercicio de 2010 e a proposta de orzamentos para o ano actual. Ademais, Fernández Pérez exporá ante os asociados o informe encol das actividades que o Grupo de desenvolvemento (GDR-9) levou a cabo nos últimos meses.

A reunión está prevista para as 20.00 horas en primeira convocatoria, e celebrarase no salón de sesións do Novocine de Leiro, tendo en conta que se espera que o número de asistentes sexa elevado.

Te puede interesar