O PSdeG insiste na ilegalidade do tanatorio feito en Arnoia

O PSdeG de Arnoia esixe responsabilidades a Rogelio Martínez, actual delegado territorial da Xunta en Ourense e
ex alcalde deste Concello, e tamén a José Camilo Fariñas, actual rexidor, 'porque coas obras que están acometendo tentan legalizar o ilegalizable', manifestan os socialistas referíndose o tanatorio que se construiu sen contar cos correspondentes permisos.

Nese senso, reafírmanse sobre a continuidade do proceso xudicial que emprenderon cando se fixeron as obras. O secretario xeral dos socialistas de Arnoia, Jorge Rodríguez, afirma que se incumpriu 'conscientemente a normativa de Patrimonio e Sanidade, engadindo que 'o tanatorio, que xa custou 5.000 euros en sancións aos veciños, está sendo obxecto actualmente dunhas obras para legalizalo que fan inviable a obra para o uso para o que se destinou'.

Rodríguez lembra que hai unha denuncia no xulgado contra Rogelio Martínez, por un

presunto delicto de prevaricación, e que 'o incumprimento da legalidade a sabiendas debería conducir, como noutros casos, á inhabilitación política'.

Recorda que o Delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, autorizou, sendo alcalde de Arnoia, unha construción en terreo catalogado por Patrimonio. 'A pesar de que foi cominado pola Xunta a paralizar a obra, executouna', insiste. O proxecto de construción foi rexistrado na Xunta en agosto de 2004.

Te puede interesar