CONTROL DE GOBERNO

O PSdeG de Leiro pregunta sobre o gasto nos pleitos polo balneario

Os socialistas consultarán cos servicios xurídicos do partido para recurrir á xustiza si é necesario

O pasado 28 de abril, os socialistas de Leiro solicitaron unha serie de documentación "para poder fiscalizar e exercer o seu labor de control do grupo de goberno do PP de Leiro, socilitude que só recibiu resposta o 13 de maio, a sabendas de que están a cometer unha ilegalidade, posto que a Lei establece un máximo de 5 días", sinalan.

Sobre a pregunta relativa a canto ascenden os gastos do concello polos procesos xudiciais relacionados co balneario de Berán, os socialistas consultarán cos servicios xurídicos do partido para recurrir á xustiza si é necesario, á vista da resposta da Alcaldía de que descoñece os gastos porque aínda non cobraron os letrados que levaron os pleitos.

Te puede interesar