O RIBEIRO

O PSdeG quere levar ó pleno a reapertura do matadoiro

En relación a apertura da Residencia do Tempo Libre durante todo o ano, aseguran que era un dos compromisos electorais de Argimiro Marnotes cando se presentou á alcaldía

O grupo municipal do PSdeG do Carballiño lamenta que o alcalde "evite falar de cuestións que importan aos cidadáns", referíndose ó pleno de hoxe no que non se inclúe na orde do día a reapertura do matadoiro nin da Residencia do Tempo Libre. Os socialistas lembran que xa fai meses que o alcalde anunciou a aprobación do prego de condicións para adxudicar a concesión do matadoiro, sen que polo de agora nada se saiba. "E o máis grave é que Marnotes elude dar a cara ante os traballadores que levan máis de dous anos agardando que cumpra o compromiso adquirido con eles de reabrir estas instalacións", sinalan.

En relación a apertura da Residencia do Tempo Libre durante todo o ano, aseguran que era un dos compromisos electorais de Argimiro Marnotes cando se presentou á alcaldía, "e en case catro anos de goberno foi incapaz de levar adiante as xestións ante a Xunta do PP para conseguilo", matizan. Por iso, anunciaron que o PSdeG presentará unha moción para tentar forzar o debate en pleno sobre un asunto que é de gran importancia para o desenvolvemento económico desta vila. Persegue que o goberno local debata temas que, segundo afirman, tenta evitar, "mentres o alcalde ten previsto vender aos cidadáns unha xestión económica modélica que non é tal, xa que O Carballiño leva case catro anos no abandono máis absoluto". 
 

Te puede interesar