O PSOE critica a falla de médico en Leiro na ponte da Constitución

El PSdeG preguntará no Parlamento a razón pola que o pasado sete de decembro non houbo médico de Primaria no concello de Leiro. A parlamentaria María del Carmen Acuña lembra que no día laborable en medio da ponte da Constitución o Centro de Saúde de Leiro non dispuxo de ningún médico de Atención Primaria, pese a que habitualmente conta con dous facultativos para atender as necesidades sanitarias dese concello.
Sinala que a ausencia de médico durante tantos días trouxo graves molestias aos veciños, e algúns deles, incrédulos ante a ausencia, esperaron pacientemente a que mandaran algún doutro punto, xa que eles tiñan cita. Acuña engade que outros veciños foron desprazándose para lograr ser atendidos por médicos de concellos limítrofes, aínda que os profesionais sanitarios nin sequera foron avisados e protestaban por este incremento de pacientes.

A deputada salienta que o máis grave foi que en Leiro xurdiu ese día unha urxencia vital coa conseguinte desesperación do enfermo e dos seus familiares, urxencia que foi desprazada polo 061 sen valoración facultativa previa. Por eses motivos, o PSdeG presentou unha pregunta para a súa resposta por escrito sobre como se resolveu esta situación, cantos pacientes se desprazaron e a que puntos, e cantas urxencias e de que natureza se presentaron en Leiro ese día. Ademais, preguntará cal é a media de demanda diaria de consulta do médico de atención primaria, e se o edificio está adaptado para a atención e acceso de minusválidos, así como se conta con aseos adaptados.

Te puede interesar