O PSOE fai 20 propostas para mellorar a Festa da Vendima

O grupo municipal do PSOE de Leiro considera que “esta edición da Festa da Vendima estuvo moi desaproveitada” e sinalan que “sendo a primeira na que se estrea a
Declaración de Interes Turístico, foi tamén a primeira logo de moitos anos na que menos xente pasou por Leiro”.

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, manifesta o contrario e afirma que “todo o mundo, incluída a prensa, afirma que foi un éxito rotundo e que houbo máis xente ca outros anos, eso é o que me transmite a xente”.

Os socialistas non están dacordo e fan unha serie de propostas para esta celebración como que o cartazo sexa realizado mediante un concurso polos veciños e que no palco de autoridades dando o pregón haxa unha representación dos veciños, de colleiteiros, adegueiros e viticultores.

O portavoz, Manuel Rodríguez, tamén propón crear unha coordinadora de voluntarios Festa da Vendima e incentivar e animar a participación de toda a veciñanza. Ademais, considera de interés un irmanamento con outras denominacións de orixe, relacionadas co tema do viño.

Engade o socialista que se debería recuperar a queimada no Salgueiral e potenciar a asistencia con vestidos de época. A promoción tamén incluiría xornadas de exposicións, charlas e catas; a creación de premios para recoñecer o traballo dos viticultores e impulsar un monumento dedicado á vendima. Tamén “compre facer un estudio para saber o retorno económico que ten a festa no pobo”, sinala.

Te puede interesar