O PSOE de Leiro pide axilidade na entrega de expedientes

Concello de Leiro
photo_camera Concello de Leiro

O PSdeG-PSOE de Leiro afirma que a Valedora do Pobo dalle a razón en relación ao expediente de queixa aberto tras a denuncia presentada o 14 de decembro de 2021 debido á “demora, opacidade e dificultades” postas polo alcalde do municipio, Francisco José Fernández, segundo sinalan os socialistas “á hora de facilitar o acceso a expedientes, datos e información solicitados para a fiscalización da súa xestión”. 

O PSOE subliña que “recóllese o dereito dos membros da corporación local ao acceso a antecedentes, expedientes, datos e información no concello para desenvolver a súa función de control e fiscalización da xestión municipal, nun período de cinco días naturais, algo que non se cumpre”.

O alcalde recoñece que hai que contestar en cinco días, segundo require a Valedora do Pobo, “que tamén archiva o expediente aberto e só insta a que facilitemos a documentación solicitada, pero os medios que temos no concello son limitados e non nos permiten dar unha responsta rápida, aínda que contestamos sempre que podemos. e intentarmos que sexa nos cinco días”. Engade que “recoñezo o retraso pero sempre se lles facilitou o que piden, que neste caso era o expediente do campo de fútbol co que denunciaron ao concello ante a Confederación Hidrográfica do Miño Sil por estar as gradas en zona inundable”.

Te puede interesar