O PSOE de Leiro rexeita a subida dos servizos mancomunados

O grupo socialista de Leiro rexeita a subida do coste dos servizos que ofrece a Mancomunidade do Ribeiro, que está presidida polo alcalde deste municipio, Francisco José Fernández. Nese senso, apunta que o coste é maior na recollida do lixo, a recadación, os servizos sociais ou protección civil, pasando de 174.000 en 2010 a 195.000 euros en 2011, o que supón 'unha sangría para as arcas municipais', indicaron os socialistas.
O portavoz, Manuel Rodríguez, destaca que no caso dos servizos sociais esta suba foi de máis do dobre, pasando de pagar 26.255 euros en 2010 a 53.000 euros en 2011, 'cando en teoría entrar na Mancomunidade suporía un abaratamento dos servizos', sinalou.

Te puede interesar