O PSOE pide a limpeza de dúas pontes de Leiro

A ponte medieval de San Clodio, no Concello de Leiro.
photo_camera A ponte medieval de San Clodio, no Concello de Leiro.

O PSdeG-PSOE de Leiro vén de rexistrar unha petición formal no Concello para que se proceda con “carácter de urxencia” á limpeza integral da Ponte da Esperela e da Ponte de San Clodio, xa que presentan unha imaxe “deplorable e de abandono”, ao estar cubertas pola maleza. 

Os socialistas consideran estas dous infraestruturas claves no municipio, xa que no caso da Esperela, “trátase dunha das portas de entrada a capital do Concello” e a Ponte de San Clodio de orixe medieval,  é referente cultural de Leiro e, dende 1981, é Monumento Nacional e Ben de Interese Cultural (BIC). Dende o PSdeG aproveitan tamén para lembrar que no ano 2018 procedeuse á limpeza da mesma, retirando árbores, plantas ou pedras incrustadas, “que puñan en perigo a integridade da ponte”, explica o portavoz Manuel Rodríguez. Desta maneira, insta ao goberno municipal a buscar axudas noutras administracións para a limpeza das dúas pontes.

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, sin entrar en polémica, manifestou que “tomo nota”.

Te puede interesar