CONCELLO

O PSOE reclama o Museo da Roda de Afiar para Nogueira

Os socialistas pretenden que o goberno municipal se pronuncie sobre o proxecto da Deputacion provincial para construir un museo deste tipo en Ourense

O grupo municipal socialista de Nogueira de Ramuín reclamou onte a la celebración dun pleno extraordinario para debater sobre a apertura do Museo da Roda de Afiar no Concello. Os socialistas pretenden que o goberno municipal se pronuncie sobre o proxecto da Deputacion provincial para construir un museo deste tipo en Ourense. Considera a portavoz socialista, Antonia Álvarez, que Nogueira debería acoller a única instalación deste tipo, xa que "a roda de afiar é a seña de identidade do noso concello, berce dos afiadores que percorren o mundo ca súa roda".

A moción que presentará o PSOE neste sentido, por unha banda, insta a estudar a solicitude de axudas para a apertura do museo no Concello e, no seu caso, "proceder a modificar o crédito necesario ou calquera outra xestión encamiñada a dotar económicamente o proxecto". Así mesmo, propón "delegar nunha comisión de traballo o plan para a posta en marcha do Museo aprobando o proxecto de forma definitiva no pleno municipal".
A solicitude desta sesión extraordinaria xa foi presentada no rexistro do Concello.

Te puede interesar