Rechazado o recurso de Leiro polos terreos do acceso a Berán

O Tribunal Supremo rexeitou o recurso de casación presentado polo Concello de Leiro contra unha recente sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que lle diu a razón a un propietario na súa reclamación dos terreos ocupados para a construcción do acceso ó balneario de Berán. Desta forma, o Supremo recoñece a nulidade da expropiación dunha parte das propiedades.
O Concello de Leiro alegaba a inexecutabilidade da sentencia por constar os terreos como zona dotacional no plan urbanístico, pero o Supremo resolve que teñen que respectar os dereitos do titular e ademais condea a institución local a pagar as costas.

Nese senso, o PSdeG manifestaba que "precisamente hoxe este propietario denunciou ante a Garda Civil a realización de obras nos seus terreos". Engadindo que, "o obradoiro de emprego está a realizar no acceso ó balneario de Berán, e dicir nos terreos que se expropiaron, a colocación de bordillos de separación xenerando dársenas de aparcadoiro, a construción dunha beirarúa combinando pedra e hormigón e alcorques para a plantación de especies arbóreas".

Pola súa parte, o Concello de Leiro xa ten posto en marcha un novo proceso de expropiación dos mesmos terreos, iniciado despois de que o Tribunal Superior de Xustiza dictara sentencia, o mesmo tempo que realizou un depósito económico para o pago dos mesmos.

O portavoz socialista na Entidade Menor de Berán, Tomás Lorenzo, tamén considera que o grupo do PP actúa con total "apatía" ó non presentar ningún tipo de proxectos e nin xiquera incluir no último pleno a convocatoria dun novo concurso de adxudicación do balneario, despois de que na primeira non optara ningunha empresa interesada na xestión.

Te puede interesar