Ribadavia acollerá un curso dos viños galegos

Una copa de vino.
photo_camera Una copa de vino.
Está organizado pola  entidade “Galicia Wine Academy”, con unha carga docente de 9 horas e 15 prazas

Ribadavia será sede do curso de especialización de viños de Galicia que organiza a entidade “Galicia Wine Academy”. O curso, que ten unha carga docente de 9 horas, conta con 15 prazas e celebrarase no Museo do Viño de Galicia, en Santo André de Camporredondo do Concello de Ribadavia, os próximos días 26 e 27 de xaneiro.
Neste curso, os alumnos poderán percorrer as variedades, os climas e os distintos tipos de solo existentes en Galicia, catando os distintos estilos de viño que se producen na nosa terra e coñecendo a algúns dos produtores de referencia destes viños das distintas comarcas produtoras.

O curso estrutúrase en dúas sesións de 4,5 horas con 20 viños a catar nunha primeira sesión de introducción, historia, e sobre as denominacións de orixe Rías Baixas e O Ribeiro; na segunda sesión abordaranse a Ribeira Sacra, Valdeorras, Monterrei e as cinco Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, para que os asistentes poidan coñecer a amplia variedade de referencias para diferencialas polas súas características específicas.

Este curso está pensado para as persoas que desexen profundizar nos viños de Galicia. Tanto para afeccionados que queiran coñecer mellor as diferentes variedades e estilos de viños galegos, como para profesionais.

Cada participante no curso recibirá no primeiro día un exemplar do libro “Descubriendo los vinos de Galicia”, escrito polo director da “Galicia Wine Academy”, Jorge Vila DipWset. 

A matrícula ten un importe de 160 euros e as reservas de praza poden facerse a través da web de Galicia Wine Academy - https://galicia.wine/curso-galicia. Ou contactando no email: [email protected] ou no 986 048 557.

Te puede interesar