A Red de Juderías organiza visitas guiadas, conferencias, exposicións e actuacións musicais

Ribadavia adica o domingo á lembrar o seu legado xudeo

Presentación do seminario dos Viños Kosher, con Marcos Blanco, no centro. (Foto: Martiño Pinal)
A capital do Ribeiro acollerá o vindeiro domingo a 'Xornada europea da cultura xudía' baixo o lema “Arte e xudaísmo”. Ó longo dese día, desenvolveranse numerosas e variadas actividades culturais por toda a xudería, das que de xeito gratuito poderán disfrutar todos aqueles veciños e visitantes que se acheguen a Ribadavia, convertida neste día na capital cultural das xuderías galegas.

Coma fundador da Red de Juderías de España, o Concello de Ribadavia mantén numerosos actos culturais sobre a presenza xudía en Galicia, mesmo o seu Centro de Información Xudía de Galicia, ubicado no Pazo Condal, é un excelente mostrario da historia dos xudeus galegos ó longo dos tempos, combinando con diferentes exposicións coma a que se vai inaugurar, por primeira vez en Galicia, baixo o título “Visados para la Libertad”.

LEGADO

Esta xornada, según apunta o alcalde, Marcos Blanco, 'pretende amosa-la cultura e o arte dos xudeus nos diferentes lugares de Europa ó longo dos tempos, achegando a tódolos participantes unha parte da nosa propia cultura, cando os sefardís vivian entre nós, amosando as súas pegadas, a gastronomía, e as manifestación festivas e culturais que perviven aínda hoxe aquí, e entre os sefardís que se atopan espallados por medio mundo'.

Deste xeito, organizaranse visitas guiadas ó Barrio Xudeo e ó Museo Sefardí de Galicia, que terá as súas portas abertas durante todo o domingo. O salón de plenos da Casa do Concello acollerá, ó mediodía, a conferencia 'Los judíos en el Norte de Portugal', que correrá ó cargo de Gloria de Antonio Rubio, doctora en Historia Medieval.

Ó remate da charla, as autoridades farán entrega dos diplomas ós asistentes ó 'Seminario de Viños Kosher', celebrado o pasado 22 de abril na vila. O programa completarase coa inauguración da exposición 'Visados para la libertad', centrada en la Segunda Guerra Mundial, a las 13.30 horas en el Museo Sefardí, y la actuación, a las 19.00 horas, de la Banda de Música de Mondsee (Austria), en el Castillo.

Te puede interesar