Ribadavia oferta talleres de memoria para maiores

O Concello de Ribadavia, a través do departamento de Servizos Sociais, iniciou neste mes de outubro a octava edición dos 'Talleres de Memoria e Animación Social' para persoas maiores de 60 anos, que se desenvolven en catro ubicacións distintas do municipio, tanto no rural coma no núcleo urbán.
Deste xeito, o Centro Social de San Paio acolle tódolos martes esta actividade, iniciándose o pasado 23 de outubro. No Centro Social de San Cristovo impártese os mércores, poñéndose en marcha o mesmo día. Nas instalacións dos Servizos Sociais de Ribadavia empezaba o pasado 24 e está previsto para tódolos xoves. Finalmente, o 25 de outubro tamén arrancaban os talleres no Centro Social de Francelos. Todos eles teñen horario de 16,00 a 18,00 horas.

No ano 2006 comezou a primeira edición dos 'Talleres de Memoria e Animación Social' celebrándose de maneira continuada durante estes anos. A participación media semanal é de 58 persoas.

Esta nova edición, que se iniciou o pasado 22 de outubro, seguirá ata finais de maio de 2014. Entre os obsectivos que persigue esta actividade están o de previr pérdidas e optimizar os recursos da memoria; promover o benestar subxetivo; as relacións interpersoais e a educación para a saúde.

Ademáis das actividades encamiñadas a desenvolver a memoria tamén se inclúen no programa outras lúdicas como musicoterapia (composición de cancións, teatro, ejercicio), animación a lectura (en voz alta, creación de texto), terapia social (traballos manuais, pintura, barro, murais) e xogos específicos de memoria, entroutras.

Te puede interesar