Ribadavia prepárase para presidir a Rede de Xuderías

Representantes do Concello de Ribadavia asistirán hoxe en Segovia a unha reunión da mesa de presidencia da Rede de Xuderías de España con vistas a abordar o traspaso da presidencia, que asumirá no primeiro semestre do 2010 a capital da comarca do Ribeiro.
Ribadavia asumirá no primeiro semestre de 2010 a presidencia rotatoria da Rede de Xuderías de EspañaCamiños de Sefarad, asociación de 21 cidades con acervo xudeo, da que a capital do Ribei ro é membro fundador. Con tal motivo, hoxe celebrase en Segovia a reunión da mesa de presidencia da Rede de Xuderías, con asistencia da secretaria xeral da asociación e dos concellos que forman parte actualmente da devandita mesa: Plasencia (pre sidencia), Ribadavia, Palma de Mallorca e Segovia. A cita é de especial interese para Ribadavia por tratarse do traspaso da presidencia na próxima asamblea xeral da Rede (antes de que remate 2009) en Plasencia.

O vindeiro martes celebrarase unha xuntanza en Toledo entre a Casa Sefarad-Israel (institución participada polo Ministerio español de Asuntos Exteriores e a embaixada israelí en España) e a Rede de Xuderías, na que se prantexarán diversos proxectos a desenvolver durante a presidencia de Ribadavia. Segundo o concelleiro de Cultura de Ribadavia, Anxo Collarte, está previsto un congreso sobre a diáspora sefardí en Europa, unha exposición das comunidades xudeas de orixe sefardí e diversas xornadas, así como a edición dun libro sobre os xudeos na capital do Ribeiro.


Te puede interesar