Concello e oposición lamentan que leve aparexada a perda do curso de xestor administrativo

Ribadavia tendrá ciclo de FP na especialidade de viños e aceites

Instalacións do Instituto de Secundaria de Ribadavia. (Foto: MARTIÑO PINAL.)
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública onte a orde pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos en centros públicos de Galicia para o vindeiro curso 2012-2013, e na que se inclúe un novo ciclo de FP de grao medio, na especialidade de aceites de oliva e viños para impartir no Instituto de Educación Secundaria de Ribadavia. Nembargantes, o departamento autonómico suprime o ciclo medio de xestión administrativa, que se viña impartindo no centro educativo dende hai 25 anos.
O peche desta especialidade motivou onte a presentación dunha moción plenaria por parte do grupo do BNG na Corporación ribadaviense. Ovoceiro nacionalista, Anxo Collarte, suliñou que 'non podemos aceptar este cambio de cromos, dun ciclo por outro'. O edil do BNG engade que 'a boa nova que supón a realización dunha demanda histórica do Ribeiro, a de dispor dunha oferta formativa sobre a elaboración de viños non pode ser aproveitada dende a Consellería para eliminar ciclos consolidados'.


INFORMACIÓN

Os nacionalistas solicitan que a Corporación inste a Educación a 'manter a oferta durante o período de matrícula ordinaria para o curso 2012-2013 do ciclo medio de Xestión Administrativa no IES de Ribadavia'.

Pola súa banda, o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, asegurou descoñecer a orde da Xunta, 'e por iso o primeiro que teño que dicir é que ninguén nos informou oficialmente deste tema'. O rexedor socialista manifestou que 'o señor Feijóo e o seu goberno seguen a facer unha xestión que só depende de coma sopla o vento, sen consultar cos sectores implicados'.

Blanco valorou que se cre o ciclo vencellado ó viño, pero matizou que 'cando saibamos o que quere facer a Xunta, o grupo de goberno tomará unha postura'.

Te puede interesar