Ribeiro en Común reclama soluciones para “O Xestal"

Ribeiro en Común esixe "unha solución ao peche do campo municipal, no cal as tres administracións investiron diñeiro público e do cal son responsables patrimoniais"

O grupo municipal Ribeiro en Común, de Ribadavia, demanda do alcalde socialista Ignacio Gómez unha solución para poder utilizar o campo de fútbol de herba artificial de "O Xestal", mediante un acordo coas outras administracións implicadas na súa construción, en lugar de facer unha reclamación unilateral de indemnización á Deputación e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. "O propio goberno admitiu que o concello tiña tamén responsabilidade patrimonial na ilegalización do campo de herba sintética por parte da Subdelegación do Goberno, así o certifica un informe solicitado polo propio alcalde de Ribadavia ao secretario do organismo provincial", sinala o portavoz, Brais Fidalgo.
Ribeiro en Común esixe "unha solución ao peche do campo municipal, no cal as tres administracións investiron diñeiro público e do cal son responsables patrimoniais", referíndose aos 25 metros que non se poden utilizar a partir do viaducto da autovía Rías Baixas, debido o risco de desprendementos.

"Un goberno debe dedicarse a xestionar e resolver problemas, non a crealos nin moito menos a facer política partidista, como unha vez máis está facendo o alcalde", engade o concelleiro.

Ademais, considera Ribeiro en Común que "coa actitude deste goberno local, estase perdendo a oportunidade de buscar unha saída pactada en colaboracións coas administracións implicadas para resolver un problema causado tamén polo concello".

Te puede interesar