UUAA reclama non especular coa sobreproducción para baixar prezos

O sindicato Unións Agrarias (UUAA) reclama ó Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro que 'se poña as pilas e corte de raíz os intentos dos especuladores da uva por condicionar, con mentiras como a sobreprodución, o rendemento da vendima para mellorar a súa conta de resultados', segundo sinalan os sindicalistas, a raíz das comunicacións que están recibindo agricultores nas que as adegas lles informan que non poderán coller toda a colleita ou que será a un precio máis baixo.
Para o sindicato 'é incompresible que despois de ver a preocupación expresada polos produtores, aínda ninguén na Xunta ou no Consello Regulador deran un paso adiante para evitar que máis de dous millóns de quilos de uva queden sen recoller na Denominación de Orixe Ribeiro polas prácticas especulativas que as adegas aplican aos viticultores'.

Te puede interesar