ENTREVISTA

“A verdade é que na década dos 70 tivemos momentos moi difíciles"

Ribadavia . 03-05-14. Provincia. Feira do viño do Ribeiro
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Manuel Vázquez momentos antes de recibir el homenaje en Ribadavia. (XESÚS FARIÑAS)

Entrevista con Manuel Vázquez, exdirector de la Lira

¿Qué sinte nestes momentos previos ó recoñecemento que lle van a facer?

Pois que é inmerecido de todo, porque calquera podía estar no meu lugar hoxe. Chamárome e dixéronme que me ían a facer esta homenaxe e eu contestei que había xente moito máis cualificada para recibilo, pero insistiRon e aquí estou.

¿Cantos anos estivo á fronte la Banda “La Lira"?

Pois foron 36 anos, dende 1968 ata o 2004. Polo medio só houbo dos anos que tomei como sabáticos. Os demáis adiqueillos á Banda

¿Qué lembranzas daquela época lle veñen á cabeza ?

Pois a verdade é que houbo de todo, tempos bos e tempos malos. A verdade é que nós tivemos momentos moi díficiles na Lira. A década dos 70 foi criminal, porque faciamos músicos e se nos marchaban. Había moitas orquestras que estaban detrás e cando un músico sobrasaía un pouquiño se nos marchaba, porque lle pagaban máis. Teño que recoñecer que foron momentos moi difíciles, pero 'botando remendos', como se adoita dicir, saímos adiante ata o ano 2004, no que lle pasei a dirección a Nicanor, que era subdirector da Banda de Ourense. Logo viñeron outros, ata o actual, Paco, que está a facer un traballo extraordinario.

¿Como ve hoxe á Banda?

Fenomenal. Houbo un cambio tremendo e hoxe teñen unha Banda excepcional, que xa quisera ter eu nos meus tempos. Hoxe interveñen en certames, están competindo continuamente porque teñen un prestixio e gañan primeiros premios

¿Segue a colaborar coa Lira ou está desvinculado xa dela?

Nunca se está desvinculado de todo, aínda que hoxe teño pouca relación con ela, nada mais que a persoal, pero sigoa e disfruto continuamente co seu bo facer. 

Te puede interesar