A Xunta aproba o primeiro plan urbanístico para Cenlle

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Cenlle.
Os técnicos analizaron o documento corrixido e aprobado provisionalmente polo pleno de Cenlle e comprobaron que da cumprimento ás observacións sinaladas, como garantizar os stándares esixidos de sistemas xerais de espazos libres e zonas verdes e reaxustar as delimitacións dos núcleos rurais. O PXOM entrará en vigor unha vez publicado nos boletins oficiais. A Administración galega concedeu ao Concello de Cenlle axudas por un importe total de 63.127 euros para a redacción do plan xeral que foi contratado o 2 de decembro de 2003.

Con esta aprobación, un total de 51 concellos de Galicia contan nestes momentos cun PXOM, segundo indicaron fontes da Xunta.

Te puede interesar