A XXV Mostra Internacional de Teatro contará con máis espectáculos e prácticamente o doble de presuposto

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, con motivo da celebración do 25 aniversario, contará con un maior número de espectáculos e doblará prácticamente o presuposto. A organización incide no seu carácter internacional e na calidade.
O director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual, manifestou que esta nova edición incidirá ‘na internacionalización’, coa presencia de compañías procedentes de diversos países Latinoamericanos, ademáis de Xapón, Alemania ou Portugal, entre outros.

Asemade, o director tamén resaltou os criterios de calidade que se están seguindo, tendo en conta que se celebran os 25 anos da mostra, na que con tal motivo participarán compañías que forman parte da historia de Ribadavia.

Desta maneira, o director xunto co concelleiro de Cultura, Anxo Collarte, anunciaron un incremento no número de espectáculos teatrais, que pasarán dos 24 do 2008 a un total de 35. Do mesmo xeito, o obxetivo inicial, según indicou Collarte, é de que o presuposto prácticamente se duplique alcanzando os 200.000 euros (na pasada edición foi de 120.000).

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia celebrarase entre os días 17 e 26 de julio. Roberto Pascual anuncia que haberá dous grandes espectáculos para a inauguración e clausura, aínda que de momento non quixo adiantar o nome das compañías, se ben dixo que o discurso de apertura correrá a cargo do escritor Manuel Rivas. ‘Compañías de relevancia internacional estarán na inauguración e na clausura, van a ser espectáculos creados para a Mostra de Ribadavia’, señalou Roberto Pascual.

Patrocinadores

Outro aspecto que resaltaron os organizadores ten que ver coa importante participación que se espera por parte de empresas privadas. Xa confirmou a colabora ción Caldelaria (empresa balnearia) ó mesmo tempo que se manteñen contactos con outras, e ‘hai varias que entenden que a mostra é moi interesante para publicitarse’, indicou Collarte, asegurando que ‘o patrocinio privado vai a ser moi importante’.

Por outra banda, nesta 25 edición contase co apoio da Secretaría xeral de Política Lingüística e coa Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais.

Unha máxima da mostra, según o seu director, é que ofrecerá espectáculos innovadores e rompedores, pero tamén outros nunha liña máis conservadora, para satisfacer o gusto de unha amplia maioría do público.

Te puede interesar