ENTREVISTA

Álvaro Vila: "Antes ou despois haberá que buscar sinerxias entre as candidaturas"

vila
photo_camera Álvaro Vila, na sede do PSOE.

O candidato da "terceira vía" á secretaría xeral do PSOE de Ourense, Álvaro Vila (Taboadela, 1965), confía en ser protagonista da rexeneración do partido, sen pechar portas a posibles acordos con Rafael Rodríguez Villarino, pero deixando claro que ten un proxecto propio para lideralo.

O candidato da "terceira vía" á secretaría xeral do PSOE de Ourense, Álvaro Vila (Taboadela, 1965), confía en ser protagonista da rexeneración do partido, sen pechar portas a posibles acordos con Rafael Rodríguez Villarino, pero deixando claro que ten un proxecto propio para lideralo.

Como xurde a súa candidatura?

Levamos dous anos traballando pola necesidade de acabar coas liortas internas, había que dar unha resposta para rachar cuns problemas que nos impiden chegar á cidadanía. O PSOE non é un fin en si mesmo, debe ser un medio para transformar a sociedade. Se detectas sistemáticamente ese problema e te piden dar o paso, o fas.

A “terceira vía" busca con vostede desprenderse desa condición de movemento urbano?

Eu levo moito tempo neste grupo. O que dá a miña persoa é un plus do coñecemento da provincia, que ó mellor outro non tiña.

Hai algo de estratexia para posicionarse nos futuros órganos?

Nada máis lonxe da realidade buscar estratexias, nós queremos acabar coas disensións internas e iso implica falar con todas as sensibilidades e intentar integralas. Iso quere dicir que vas pactar? Si ou non. O que queremos evitar é que a nova executiva sexa sectaria e o 50% da provincia goberne sobre o outro. Integrar sensibilidades? Si. Renovar persoas? Tamén. Hai xente que estivo sistemáticamente nas loitas, son parte do problema no que está inmerso o partido e non idóneos para ser parte da solución.

Pero dá a sensación de que non conta con apoios para gañar?

De inicio, estamos moi similares as catro candidaturas, outra cousa é o crecemento de cada unha.

Rafael Rodríguez falaba de Álvaro Vila como aliado natural. É así?

Hai dúas candidaturas que van cara o enfrontamento do partido, non só polos líderes, senón polos que teñen detrás, son Noela e Pachi. É difícil que a través dunha desas candidaturas poidase unir o partido. Rafa manifestou a posibilidade de falar, pero por agora só hai unha toma de contacto, un documento base para traballar, pero non hai ningunha base obxectiva para dicir que haberá acordo.

Aposta por unha papeleta de Álvaro Vila ou haberá pacto?

Nestes momento, ó 100% vai haber papeleta de Álvaro Vila, pero ben antes ou despois haberá que buscar sinerxias entre as candidaturas, iso tamén é certo. Dígoo claramente, se gaño, reunireime ó día seguinte cos outros tres para transmitirlle a miña idea de partido e seguro que me van a entender e non dirían que non a unha integración, salvo que as hipotecas que leven lle impidan dar ese paso.

Trastocoulle os plans a candidatura de Pachi Vázquez?

Sorprendeunos a todos. Dábamos por contado unha candidatura do seu entorno, pero non o seu paso. Haberá que preguntarlle a el por que, pero si cambia o terreo de xogo.

Noela Blanco di que está anclado ó pasado?

Non sei a que vén iso, non sei se mira para a súa candidatura ou que pasa.

Ilusión é a palabra que quere para o partido, perdeuse?

Totalmente. A executiva provincial que saia ten que ter as enerxías para transmitir ilusión ós compañeiros porque están aí as eleccións municipais. Non me preguntan se vou ser leal ó secretario xeral, iso é inherente, pero queremos rachar con ese muro invisible entre a provincial e a local de Ourense, non pode ser que cada unha vaia por un lado. Non é unha opción saír unidos, é unha obligación.

Te puede interesar