Bolboretiña do día

A guerra

wordcloud (2)_resultado
Un conflito bélico é unha guerra. E si, os romanos clásicos chamáballe á guerra, “bellum” -de aí as pistolas e munición que usaban os de ETA, as famosas “9 milímetros para-belum”. Pero se como adxectivo usamos todos máis, tamén polo valor eufemístico, “conflito bélico” que “conflito guerreiro”. Sorprendentemente non tivo fillos directos a palabra “bellum” en ningunha lingua latina. Galego, catalán, castelán, portugués, corso, sardo, comparten guerra, o francés, guerre, que é o mesmo. Só o romanés di algo raro, “război”, collido do mundo eslavo, que lles cae ao lado. Por certo que en ruso e ucraíno dise case igual, porque son da mesma caste, “война (lido voíína) e e війна (tal que víína), respectivamente. Do vello fanco-normando “werre” foi de onde saíron tanto as nosas guerras, como a inglesa “war”. E porque fuxiron todas as linguas latinas do “bellum” á fin do Imperio? Din algúns historiadores das palabras que porque tendía a mesturarse con “bello” de bonito. E daquela, ben se decataron xa de que as guerras nunca son belas, senón sempre feas, feas, feas.

Te puede interesar