Infraestruturas

A Xunta inviste 25.000 euros na nova instalación eléctrica do IES As Lagoas

230718 obras IES Lagoas_result

As obras, que estarán rematadas antes do inicio do novo curso escolar, consisten na renovación dos cadros e liñas eléctricas, que contaban con máis de 40 anos de antigüidade.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investiu preto de 25.000 euros na renovación da instalación eléctrica do IES As Lagoas de Ourense.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, xunto co alcade da cidade, Jesús Vázquez, e a xefa territorial autonómica, Luz Fernández Quintas, desprazáronse este luns ata o centro educativo para supervisar os traballos de mellora.

Díaz Mouteira considera que esta actuación é "unha mostra clara" da aposta realizada dende a Xunta pola educación pública porque "investir en equipamento é investir en calidade".

As obras, que estarán rematadas antes do inicio do novo curso escolar, consisten na renovación dos cadros e liñas eléctricas, que contaban con máis de 40 anos.

Con esta actuación, o departamento autonómico investiu no IES As Lagoas de Ourense preto de 180.000 euros.

Te puede interesar