CONCELLO DE OURENSE

Aberta a convocatoria para pedir o uso dos hortos municipais

Polo momento, 33 veciños e veciñas da cidade xa están utilizando estes hortos. Agora saen a concurso público outros 36

A convocatoria para solicitar a autorización de uso dos hortos municipais xa está aberta e publicada no Boletín oficial da Provincia. En total, haberá 36 hortos situados nos Parques de Montealegre e Mariñamansa e os interesados teñen ata o día 7 de abril para solicitar algún. 

As autorizacións de uso serán por un período de 2 anos, prorrogables por ata outros 2, e adxudicaranse por sorteo público. A convocatoria inclúe 29 hortos en Montealegre, dos que 5 están destinados a persoas con mobilidade reducida, e 7 en Mariñamansa, dos que 2 están reservados para persoas con mobilidade reducida.

Trátase dun proxecto que ten como obxectivo a intervención da cidadanía no desenvolvemento sostible, favorecer a integración e coexistencia das culturas propias do campo e a cidade. Na actualidade, 33 veciños e veciñas da cidade están utilizando os hortos municipais xa que foron adxudicados a través de concurso público no mes de novembro. 

Te puede interesar