Aberto o prazo de inscripción no campamento do Invernadeiro

O vindeiro venres 6 de xullo, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín comezará a tramitar as solicitudes de inscrición para participar nunha nova edición do Campamento do Invernadeiro, onde os rapaces recibirán unha educación ambiental e ecolóxica, e aprenderán o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas.
Aimportancia do reciclaxe e a convivencia entre os mozos e co entorno son outras das ensinanzas que imparten no campamento.

Manutención en réxime de pensión completa, materiais necesarios para as actividades, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro realizadas por biólogos, seguro de responsabilidade civil e accidentes e atención sanitaria, si fose necesaria, son os dereitos que adquiren os mozos inscritos.


50 PRAZAS

Esta actividade, destinada a mozos con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, consta de 50 prazas e a cota é de 110 euros para empadroados no Concello de Verín, e de 120 euros para os que non estean empadroados.

Te puede interesar