Acabar o centro de saúde de Vilamarín costa 522 mil euros

O Servicio Galego de saúde (Sergas) sacou a licitación, polo trámite de urxencia e de procedemento aberto, a finalización da construcción do centro de saúde de Vilamarín, por un importe de algo mais de 522 mil euros.
No plan funcional do centro figuran dúas consultas de medicina xeral, unha de enfermería, unha sala polivalente e unha sala para a atención á muller.

A Consellería de Sanodade informou que ten feita unha aposta decidida pola Atención Primaria, tal e como quedou reflectido nos orzamentos e coas actuacións que se están a levar a cabo para, en definitiva, aumentar a resolución no primeiro nivel asistencial que é a porta da entrada dos pacientes.

O obxectivo do departamento que dirixe Pilar Farjas é centrar toda a organización no paciente e na integración e continuidade de coidados; na mellora da capacidade resolutiva, de acceso a probas diagnósticas e na implantación e extensión de novas ferramentas e tecnoloxías que permitan a innovación e mellora da calidade.

Te puede interesar