OBRAS

O Concello inviste 60.000 euros na mellora dos accesos á zona termal

Concello e Deputación arranxaron o camiño da Vía Vella para mellorar o acceso ao aparcadoiro da contorna.

As termas do Muíño da Veiga contan, dende hoxe, cun acceso de 3 quilómetros en mellores condicións. Concello e Deputación de Ourense, arranxaron "o camiño da vía vella" que conecta a N-120 co aparcadoiro da zona termal, intervención que levaban solicitando os veciños e usuarios dende hai tempo.

As obras, cun orzamento de 60.000 euros e realizadas en tres meses, consistiron no asfaltado aglomerado mixto do primeiro tramo e capas de zahorra para o resto, así como a construcción de cembas nas zonas próximas ao río.

As actuación no camiño da Vía Vella completaranse coa mellora da sinalización para que os veciños que transitan pola N-120 dirección Vigo estean mellor informados.

Te puede interesar