Arte et Alia

Acisclo en Xunqueira, Marieta en Ourense

Ménsulas de Acisclo baixo a tribuna de Xunqueira.
photo_camera Ménsulas de Acisclo baixo a tribuna de Xunqueira.

Rocío Taboada arquitecta da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia coordinou o plan xeral de restauración do antigo edificio monástico no que se acha a intervención de Acisclo, que se insire así no contínuum histórico. O feito por el continúa no tempo a rica decoración xeométrica e de entrelazo con cabezas nos extremos de trabes e viguetas. E a restauración do entaboamento para o tratamento antixilófagos deparou o achado dunha maza de madeira de carpinteiro, o que lle emocionou. Queremos pensar que foi alí depositado ex professo por parte do mestre da obra nun momento indeterminado da Idade Moderna. O artista ten obra no sobreclaustro dende setembro de 2019, exposición semi-permanente das súas obras privadas comisariada por Ehlaba Carballo, artista da terra, obras figurativas con moito de imaxinación, coa súa praxe non finita na liña renacentista miguelanxelesca dos escravos da Gallería dell’Academia de Florencia. E fai unhas datas colocou un relevo cerámico seu na fachada da Casa-Museo do pintor Camilo Camaño Xestido “A Mangallona”, en Cangas (Pontevedra). Anda aínda polos 82 anos, acabados de cumprir…

Camaleóns no espazo RV

María Teresa Quesada Legido (Vigo, 1962) firma como artista “M. Quesada”, y está a piques de celebrar seis décadas de vida. Fixo a súa posta de largo expositiva en 1988 na sala da Caixa de aforros da cidade olívica, para entrar no ano seguinte en Ourense, de onde era orixinario o seu padre, de coñecida familia do mundo artístico. Moita auga ten pasado baixo a Ponte Vella ata esta visita para amosarnos unha pintura que enfeitiza coas cores inserida nun poema que é inspiración para os seus acrílicos, desenrolando desde cada un dos versos unha guía sinestésica descritiva: “Érase una vez un camaleón, / un camaleón muy especial. / Te cubriré con mi sombra, prometió / pondré miel en tus labios, / viviremos entre las flores, / serás como yo. / Y se fundieron en un abrazo de amor eterno / dejando una estela de luz y color / en su reino.” A eles se suma outra obra, “Mis rías”, paisaxe en verde, unha vista aérea.

Así, dende as palabras evocadoras dos contos infantís clásicos, Marieta, como gusta de ser chamada dende o núcleo máis próximo, aproveita para ofrecermos a súa cara empresarial no ameto téxtil, iniciado na súa época de Córdoba, onde expuxera en 2001. Aquí fundou ConArte en 2011, estampando o seus cadros nos tecidos para panos e fulares, dos que nos ofrece un no atril en trompe l’oeil, o do camaleón vermello da serie. Todo un efectista plantexamento para esta pequena exposición monográfica coa que racha co silencio trala mostra da Galería Dua2 de Vigo fai dez anos.

Te puede interesar