CIDADE

Adxudicados 33 dos hortos municipais de Montealegre e Mariñamansa

OURENSE. 21.11.2016. CONCELLO DE OURENSE, SORTEO HUERTOS URBANOS. FOTO:MIGUEL ANGEL
photo_camera Sorteo dos hortos municipais no Concello.

Os anteriores adxudicatarios deberán devolver as chaves dos hortos aos novos usuarios. Se abrirá unha nova convocatoria xa que quedaron algúns destes espazos sen adxudicar. 

Este luns tivo lugar no Concello de Ourense o sorteo público para a adxudicación dos hortos municipais de Montealegre e Mariñamansa no que saíron agraciados 33 veciños e veciñas da cidade. Os afortunados terán eses hortos durante un período de dous anos. 

Tralo sorteo, a adxudicación dos hortos será presentada a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local e se comunicará aos anteriores adxudicatarios o deber de entregar as chaves dos hortos para poñelos a disposición dos novos usuarios. Este proceso rematará nos meses de decembro e xaneiro. 

Dos 64 hortos que se sorteaban, 46 en Montealegre e 18 en Mariñamansa,  foron 33 os adxudicados, polo que quedaron algúns libres. A raíz diso, se procederá a abrir unha nova convocatoria. 

Te puede interesar