Agrupados varios xulgados de paz da provincia arredor de Allariz e Viana

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza autorizou a constitución de dúas agrupacións de secretarías de xulgados de paz na provincia de Ourense. Estarán nos municipios de Allariz e Viana do Bolo. A primeira atenderá a 8.869 habitantes de Allariz, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía. A segunda, pola súa parte, atenderá a Viana do Bolo, O Bolo, Larouco e Vilariño de Conso, cun total de 6.038 habitantes. Ambas contarán cun funcionario de xestión e outro de auxilio.
A Lei do Poder Xudicial, do ano 1985, incorporaba a posibilidade de que existise unha soa secretaría para varios xulgados de paz, feito que a consellería de Presidencia, no desempeño das dúas competencias, aproveitou para crear un decreto en 2008 regulando as agrupacións das secretarías.

As que se crean en Ourense, e que se engaden a outras sete no resto de provincias galegas, son as primeiras que se sinalan. En total, haberá secretarías en Fene e Mugardos na provincia de A Coruña; Forcarei, Mondariz e A Cañiza en Pontevedra; Outeiro de Rei e A Pastoriza na provincia de Lugo.

Te puede interesar